Saltar ao contido

Topónimos célticos en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lugares pasados (entre parénteses) e actuais na península Ibérica con nomes que conteñen os elementos célticos -brigā ou -bris < -brixs “outeiro, castro”. Prema na imaxe para ampliar.

A toponimia céltica de Galicia é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais, ríos (hidrónimos) ou montañas que se crearon coa lingua céltica e polo tanto teñen etimoloxía céltica, e que están ou estaban situados dentro dos límites da Galicia actual.

Antigos topónimos célticos

[editar | editar a fonte]
O faro romano coñecido como Torre de Hércules e no pasado como “Faro Bregancio”, na Coruña.
Portas do castro de San Cibrao de Las, anteriormente Laniobriga ou Lansbriga.
O río Miño visto dende o ‘’oppidum’’ de Santa Trega, A Guarda.
O río Tambre, anteriormente Tamaris.
O curucho dos “Tres Bispos”, na provincia de Lugo, no extremo máis occidental as antigas montañas Vindius.

En Galicia, aproximadamente a metade dos topónimos non latinos transmitidos dende a antigüidade nas obras dos autores e xeógrafos clásicos (Pomponio Mela, Plinio o Vello, Tolomeo etc.), ou en inscricións epigráficas romanas, resultaron ser de orixe céltica,[1][2] sendo a outra metade maioritariamente indoeuropeas, en todo caso sendo incontestablemente non célticas ou carecendo dunha sólida etimoloxía céltica.

Deseguido preséntase unha lista non exhaustiva de topónimos cuxa orixe é, o máis seguro, céltica.[3] A característica máis elemental é -bri(s),[4] do proto-céltico *brigs,[5] coa súa derivación *brigā, ambas as dúas co significado de “outeiro” e por tanto “castro” e “poboado”. Os asentamentos coñecidos en Galicia durante a Idade de ferro eran os castros e poboados fortificados situados en outeiros e penínsulas. Moitos deles foron abandonados logo da conquista romana.

  • Aediobri:[6] Dunha inscrición votiva ó deus BANDVE AEDIOBRICO. De *aydu- “lume” ou *(p)ētu- “prado, terra, territorio”,[7] e *brixs “castro”. Cf. Irlandés brí “outeiro”, e a poboación dos Aedui na Galia.
  • Asseconia ou Assegonion:[8] Un poboado. Quizais de *Ad-sego- “A moi forte”.
  • Aviliobris:[9] Castellum (castro) no noroeste de Galicia. De *Awelyobrixs “outeiro ventoso”. Cf. Bretón awel “vento”.
  • Adrobricam urbem:[10] Cidade dos ártabros. De *brig- “castro”.
  • Albiones:[11] Un pobo localizado entre os ríos Navia e Eo. De *albiyo- “mundo (superior)” ou “país”.[12] Pode ter relación co antigo nome da Illa de Gran Bretaña, que era Albion.
  • Arrotrebae:[11] Pobo costeiro do noroeste de Galicia. De *trebā “asentamento”, e *aryo-, tanto “home libre”[13] como unha derivación de *(p)are- “en fronte de”.[14]
  • Aunios:[15][16] Unha illa no océano Atlántico, actual Ons. Do céltico *auni-, de significado e etimoloxía descoñecidas.[17] Hidacio menciona un pobo local denominado Aunonenses, enfrontado ós recentemente chegados suevos no século V.
  • Berisamo:[18] O castro dos Cileni. Probablemente do superlativo *Bergisamo- “O máis alto”.[19]
  • Beriso:[18] O castro dos Cabarci, probablemente do comparativo *Bergiso- Meirande”.[19]
  • Bonisana:[20] Un poboado. De *bonu- “alicerce, base”. Cf. Lingua irlandesa antiga bun “alicerce, base, esteiro”.
  • Brevis:[18] Un poboado. De *brīwā “ponte”.
  • Brigantia:[18] Cidade antiga, moi probablemente a actual A Coruña (Faro Bregancio en 971). De *brigant- “relevante, poderoso”.[21]
  • Callaecia[15] “A terra dos Callaeci”, de *kallā- “madeira”[22] co sufixo complexo local -āik-. Máis tarde tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza.
  • Calubriga:[23] Un castro. De *brigā “castro” e un primeiro elemento de significado incerto.
  • Cambetum:[24] Un poboado. De *kambo- “torcer, retorcer”.
  • Canibri:[23] Un poboado. De *kani- “bo, lindo” e *brigs “castro”. Cf. Lingua irlandesa antiga cain “bo, lindo”.
  • Celtici: Tanto un nome descritivo empregado por xeógrafos clásicos a un fato de pobos que habitaban o occidente de Galicia, como un endónimo céltico baseado no *kelt- nunha serie de nomes hispanocélticos: CELTIATUS, CELTIATIS, ARCELTI, CONCELTI, CELTIUS.[25]
  • Cistonia:[26] Un poboado. De *kistā- “canastra entretecida”,[27] e eventualmente “carro”.[28]
  • Coelerni:[29] Pobo que habitaba no sur de Galicia. De *koyl- “delgado“. Cf. Lingua irlandesa antiga cóil “exiguo, fraco”.
  • Coeliobriga:[26] Un oppidum preto de Celanova, moi probablemente a capital dos Coelerni. De *koyl- e *brigā.
  • Copori: Pobo habitante da Galicia central, dende a confluencia do río Sar e Ulla no oeste, até Lugo no leste. O seu nome é probablemente non céltico, mais nótese o picto *copor- “confluencia”,[30] quizais de *kom-bero- “confluencia” (ou “xuntar”).[31]
  • Ebora:[32] Porto na desembocadura do río Tambre. De *eburo- “teixo”.
  • Ebronanto (Valerio do Bierzo, Ordo Cerimonialis, c. 650). Un estado preto da actual Rubiá. De *Eburo-nantu “Val do teixo”.
  • Equaesi:[33] Un pobo habitante do sur de Galicia. De *ekʷo- “cabalo”.[34] Cf. Lingua irlandesa antiga ech “cabalo”.
  • Ercoriobri:[35] Un castro dos albións. É unha composición do primeiro elemento *(p)are-koro- “golpe” (cf. Lingua bretoa ercor “golpe”),[36] ou *Ēri-corio- “exército/tribo do oeste”,[37] e *brixs “castro”.
  • Gigurri:[14] Pobo que habitaba a actual Valdeorras. De *Gigur-yo, quizais “os gansos”. Cf. Lingua irlandesa antiga gigrann “ganso”. Suxire E. Bascuas[38] aínda que sen moita convicción e entre outras posibilidades, que é unha forma de *gigur “ganso”, relacionada cunha forma proto-celta *giguranos[39] “ganso salvaxe” (antigo irlandés Gigren, Giugrann “ganso” e galés Gwyrain “parrulo salvaxe”) co que este pobo sería simplemente “os gansos”.
  • Glandomirum:[40] De *glendos- “val, beira”.
  • Iria: actual Padrón. De *(p)īweryā- “terra fértil”.[41][42]
  • Laniobriga:[43] Probable nome anterior do castro de San Cibrao de Las, San Amaro, a pesar de que a lectura da inscrición que contén o topónimo é debatida.[44] De *(p)lānyobrigā “castro da chaeira”.[45]
  • Laniobre:[43] Bispado durante o século VII. De *(p)lānyobrixs.
  • Lemavi:[46] Pobo habitante do val de Lemos. De *Lēmawoi “o pobo dos olmos”, de *lēmo- “olmo”. Outros autores póñeno en relación á raíz indoeuropea Lim-, Lem-, Lym-, que tería que ver con zonas pantanosas ou lagoas.[47]
  • Limia:[48][49] Actual río Limia, preto das súas fontes tórnase nunha gran lagoa ou zona pantanosa, hoxe desecada. De *līmā- “inundación”.[50] Cf. Galés llif idem.
  • Lubri:[43] Castro dos celtici. O primeiro elemento, *lū-, pode ser unha evolución de *luw- “ceibar, fuxir”, ou de *low- “fluír”, entre outras posibilidades. Quizais Lubri “o castro ceibe”.
  • Medullium: Montaña na que un gran número de loitadores galaicos poderían ter sido asediados polos romanos,[51] suicidándose os primeiros cando a situación se tornara desesperada. De *med-o- “xuíz”, *med-yo- “metade” ou *medu- “hidromel”.[52] Cf. topónimos Medulli, Medullis, Medulla, na Galia.
  • Minius:[48] O río galego máis longo, actual río Miño. De *mīno- “maino, lene”, cf. Lingua irlandesa antiga mín idem.
  • Miobri:[53] Castro dos celtici. Probablemente de *Meyobrixs “pequena fortaleza”.[54] Unha adicatoria a COSO MEOBRIGO (*Meyobri-ko) pode referirse tamén a este castellum, ou a calquera co mesmo nome.
  • Morodon:[55] Un poboado a carón do océano. De *mor- “mar” e *dūno- “fortaleza”. Cf. o topónimo británico Moridunum.
  • Navia:[20][56] Río que na actualidade conserva o mesmo nome . De *nāwiā- “bote (xerro, cunca)”.[57]
  • Nemetobriga:[35] Probablemente a capital dos Tiburi, no sueste de Galicia. De *nemeto- “santuario” e *brigā “castro”.
  • Nerii:[58] Tribo céltica que habitaba nos arredores da actual Fisterra. De *nero- “heroe”.
  • Novium:[59] Un poboado considerado a actual Noia. De *nowyo- “novo”.
  • Ocelum:[60] Un poboado preto de Lugo. De *ok-elo- '”promontorio”.[61]
  • Olca:[62] Unha fortaleza en Rodeiro, nas terras altas da dorsal galega. De *(p)olkā “terras arables”.[63]
  • Olina:[64] Un poboado. De *olīnā- “cóbado, ángulo”.
  • Ontonia:[65] Un poboado. De *φonth2-on-yā “(o do) vieiro”.
  • Querquerni: unha tribo do sur galego. Do indoeuropeo *perkʷos “carballo”, con asimilación céltica.[66]
  • Seurri: unha tribo que habitaba a ambos os lados do curso medio do río Miño. De *seg-ur-yo-, “os poderosos”.[67]
  • Talabriga:[68] Castro dos Limici. De *talu- “fronte, saínte, escudo”[69] e *brigā “castro”.
  • Tamaris:[20][70] Actual río Tambre. De *tamo- “escuro”.
  • Trileukon:[20] Un promontorio, actual Punta dos Aguillóns ou Cabo Ortegal. De *trīs- “tres” ou “moito”, e *louko- “brillante, refulxente”.
  • Verubri:[71] Nome dun castro, como se deduce dunha adicatoria ó deus BANDUE VERUBRIGO (*Weru-bri-ko ou *U(p)ero-bri-ko). De *weru- “largo” ou *u(p)er- “superior”, e *brixs “castro”.
  • Vindius: A Cordilleira Cantábrica. De *windo- “branco”, polo tanto “As Montañas Brancas”.
Artigo principal: Britonia.

No século V ou VI unha colonia de britanos asentouse no norte de Galicia,[72] e os seus bispos acudiron a numerosos concilios, primeiro do Reino suevo, e despois dos visigodos en Toledo, até o século VIII. Atribúenselle unha serie de topónimos:[73]

Existiu tamén unha vila Bretonos preto da cidade de Lugo, na Idade Media.[74]

Topónimos medievais e modernos

[editar | editar a fonte]

Aínda que os topónimos célticos poden atoparse por todo o territorio galego, a meirande parte dos topónimos célticos e prelatinos atópanse nas áreas costeiras, máis notablemente nas Rías Altas, nos arredores da Coruña e no val do río Ulla.

Comarcas, montañas e illas

[editar | editar a fonte]

Algunhas comarcas cando se espallan por varios concellos manteñen os nomes directamente herdados das tribos e sub-tribos prerromanas ou con orixe prerromana:

  • Arousa (Arauza, 899): Illa e concello na ría de Arousa, Pontevedra. Probablemente céltico,[75] de *(p)are-auso- “fazula”.
  • Bergantiños (Bregantinos, 924): Comarca, de *brigantīno-[76] “rei”, ou de *brigantigno-,[77] ambos os dous étimos poderían ter producido o mesmo resultado. Cf. Lingua galesa media brenhin “rei”.
  • Carnota (Carnota, 915): Concello costeiro presidido polo Monte do Pindo, monte granítico sagrado. Tamén é o nome dun monte preto de Doroña, Vilarmaior.[78] De *karn- “rima, morea”,[79] con sufixo hipocorístico.
  • Céltigos[80] (Celticos en 569): Rexión da tribo local dos Celtici (plural acusativo Celticos), que habitaron o extremo occidental galaico. Coa mesma orixe, implicando posteriores migracións:
Céltigos, unha aldea de Sarria.
Céltigos, unha parroquia de Frades.
Céltigos, unha parroquia de Ortigueira.
Vilar de Céltigos, na parroquia de Grixoa, no concello de Santa Comba.
  • Cervantes: Concello da comarca dos Ancares. De *kerbo- “afiado, agudo”.[81]
  • Larouco (Latín Larauco): Montaña en Baltar e tamén un concello e parroquia onda o río Sil; tamén hai un lugar baixo o nome Larouce, no Carballiño. Probablemente de *(p)lārHw-ko-, unha derivación de “terreo/chaira”.[82] Cf. Lingua irlandesa antiga lár “terreo, superficie”.
  • Lemos (Lemabus, 841): Comarca no sur de Lugo. É unha evolución do nome da tribo dos Lemavos, que habitaron esas terras. Do céltico *lēmo- “olmo”.
  • Nendos[80] (Nemitos, 842): Antigo territorio, do céltico *nemeto- “lugar sacro, santuario”,[76] e “persoa privilexiada”.[83] Lugar onde habitaron os nemetatos.
  • Tambo[84] (Tanao, 911): Pequena illa na ría de Pontevedra, do céltico *tanawos “fino”.[76] Cf. Bretón tanaw, idem.
  • Ambía[85] (Ambia, 949): Río tributario do Arnoia. Do proto-céltico *ambe- “río”.[86]
  • Chonia:[87] Tributario do río Tambre. Do protocéltico *klowni- “pradaría”.
  • Deva (Deva, 961):[88] Cando menos dous ríos galegos se chaman Deva, os dous tributarios do Miño: o primeiro río Deva corre polos concellos de Arbo e A Cañiza, o segundo río Deva por Pontedeva. Do céltico *dēwā “deusa”.[89] Cf. Os ríos Deva en Cantabria e mailo río Dee, na Bretaña, antigo Dēva.[90]
  • Dubra[85] (Dubria, 1110), afluente do río Tambre. Do protocéltico *dubrā- “escuro”,[76] que en numerosas linguas célticas desenvolveuse semanticamente no substantivo “auga”. O concello de Val do Dubra recibe o seu nome deste río.
  • Landro:.[91] Río que flúe polo concello de Viveiro. De *(p)lān- “río da chaira”,[92] ou *land- “campo aberto (val)”.
  • Limia:[48] Do céltico *līmā- “inundación”,[50] polo que probablemente sexa o “río da terra asolagada”.
  • Mandeo (Mandeum, 803):[93] Probablemente de *mandus “poni”.[86]
  • Mendo (Minuete, 964):[94] Río que flúe por Betanzos até o mar, canda o máis longo Mandeo. De *menwo- “pequeno, minúsculo”. Cf. Irlandés menb 'idem'.
  • Miño:[48] O meirande río de Galicia, de *mīno- “maino, lene”. Cf. Irlandés antigo mín idem.
  • Nanton:[95] río tributario do Tambre, do protocéltico *nanto- “regueiro, val”. Outro distinto, o río das Gándaras tamén levou o mesmo nome no pasado (Nantoni, 955).[96]
  • Navia:[20] Río que serve de fronteira entre Galicia e Asturias.[97] De *nāwiā- “bote (xerra, cunca)”.[57] Cf. Castelán nava “val entre montañas”. Outro río, tributario do Sil nado nas montañas de Serra de Queixa, na provincia de Ourense, tamén se chama Navea.
  • Samo:[98] Tributario do Tambre. Do céltico *sāmo- “calmo, quedo”.[76] Cf. Lingua irlandesa media sám “idem”.
  • Tambre:[99] Antigo Tamaris. De *tamo- “escuro”. Cf. Os ríos británicos Tamar (antigo Tamarus), río Támese (Thames) e Tamius. Outros dous ríos galegos levan nome intimamente ligados (os dous de *Tam-ikā): Támega (Tamice, 982),[100] tributario do Douro; e o Támoga (Tamega, 934),[100] tributario do Miño.

Parroquias e vilas

[editar | editar a fonte]

A maioría das 3.794 parroquias de Galicia son a continuación das "vilas" romanas e medievais, con frecuencia fundadas preto, ou ás veces, sobre vellos castros da Idade de Ferro. Moitas destas parroquias conservan antigos nomes prelatinos.

Topónimos que conteñen o elemento céltico *-brig- 'outeiro'

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Topónimos galegos en -obre

O elemento máis frecuente entre os topónimos célticos de Galicia[4] é *brigs,[101] que significa "outeiro, sitio alto", e por extensión "castro, fortificación no alto". Normalmente este é o segundo elemento en topónimos compostos que rematan en -bre, -be ou -ve,[102] están relacionados co gaélico irlandés brí "outeiro", coa mesma orixe: proto-céltico *-brigs > -brixs > -bris. Uns poucos topónimos rematados en -bra proceden dun derivado -brigā "castro, fortificación nun outeiro", que deu lugar no bretón e no galés a bre "outeiro". Algúns destes topónimos son:[103]

Primeiro elemento
[editar | editar a fonte]
Último elemento
[editar | editar a fonte]
  • Alcobre (Arcobre en 991): Un lugar en Vila de Cruces. De *Arcobris.[106] O primeiro elemento pode estar ligado ó indoeuropeo *areq- "protexer, abranguer" (latín arx "forte, bastión").
  • Alxibre: Un lugar en Riotorto, probablemente de *Alisibris[107] "outeiro dos amieiros".
  • Anzobre (Anazobre, 971 CE; Anezovre, 966 CE): Un lugar en Arteixo. De *Antyobris, cun primeiro elemento de significado pouco certo,[108] posiblemente de *anto- "límite, fronteira", ou de *anatia- "alma".[86]
  • Añobre (Arnobre en 1122): Unha parroquia en Vila de Cruces. O primeiro elemento pode ser o primitivo hidrónimo *Arno (cf. río Arno, en Italia).
  • Añobres: Un lugar en Muxía. Probablemente de *ānniyobris "outeiro anel" (Cf. irlandés antigo ainne "anel"),[76] ou de *(p)anyobrixs "castro onde o mar".[109] O mesmo significado pode atribuírse a Ombre (Anovre en 1114), unha parroquia en Pontedeume; Ombre (Anobre en 971), un lugar no Pino; e Ombre, outros tres lugares en Culleredo, Miño e Brión.
  • Baiobre: Dous lugares, un en Arzúa e outro en Touro. Probablemente de *Badyobris "outeiro amarelo".[110]
  • Bañobre: Dous lugares, un en Guitiriz e outro en Miño. O primeiro elemento podería ser *wāgno- "val, faldra, prado, pantano".[76]
  • Barallobre: Dous lugares en Betanzos e Friol, e unha parroquia en Fene (Baraliobre en 1110). O primeiro elemento vén do substantivo baralla "confrontación, debate, discurso", de orixe descoñecida.
  • Bedrobe (Bredovre, 1385 CE): Unha aldea de Tordoia. O primeiro elemento probablemente vén de *brito- "xuizo".[111][112]
  • Biobra: Unha parroquia de Rubiá. De *Bedobrigā, "gabia/canle".[113]
  • Boebre (Volebre, 922 CE): Unha parroquia en Pontedeume. O primeiro elemento refírese probablemente a *welH- 'gobernar'.[114]
  • Callobre: Dúas parroquias, unha en Miño (chamada Caliovre en 1114) e outra en A Estrada, ademais de dúas vilas, en Oza-Cesuras (Caliobre en 887) e en Ortigueira. O primeiro elemento podería vir de *kallī- "bosque"[115] ou *kalyo- "duro".[116]
  • Canzobre (Caranzobre, 1399 CE): Unha vila de Arteixo, de *Carantyobris. Probablemente de *karant- "amigo".[117]
  • Castrove (alpe Castovre in 1025): Un outeiro próximo a Pontevedra. O primeiro elemento é difícil de identificar, pero parece provir do substantivo galo casticus "castelo" (cf. castrum en latín).[113]
  • Cecebre (Zerzebre, 942 CE): Unha parroquia de Cambre. Podería derivar de *kirk- "anel",[118] ou da forma *korko- "pantano".[119]
  • Cezobre: Unha aldea de Agolada. Pode ser que veña de *Kaytyobris "bosque no outeiro".[120] Do mesmo xeito Setúbal, en Portugal, vén da antiga Caetobriga.
  • Cillobre: Dous lugares en Culleredo e Touro. O primeiro elemento pode ser *kēlyo- 'compañeiro', e así 'Compañeiro-Outeiro(forte)'.[121]
  • Ciobre: Un lugar en Narón. O primeiro elemento pode ser *kiwo- 'néboa'.[122]
  • Coebre (Colobre, 935 CE): Un lugar en Oza-Cesuras. O primeiro elemento pode ser *kʷolu- 'roda'[123]
  • Cortobe: Un lugar en Arzúa, posiblemente dun primeiro elemento *corto- 'redondo'[124]
  • Fiobre: Un lugar en Bergondo. O primeiro elemento pode ser unha evolución de *widu- 'madeira'.[125] Nótese a inscrición portuguesa NIMIDI FIDUENEARUM HIC.[126]
  • Illobre: Un lugar en Betanzos e unha parroquia en Vedra. O primeiro elmento pode ser *īlyo- 'inflado'.[127] Cf. nome galo Iliomarus.
  • Iñobre: Un lugar en Rianxo, nun pequeno outeiro na baía de Arousa. Probablemente de *(p)en-yo-bris 'Outeiro no/na pantano/auga'.[128][129]
  • Ixobre: Un lugar en Ares. Probablemente de *Isyo-bris.[130] O seu primeiro elemento debe ser *iso- 'rápido, potente'[131] (cf. Isère, un río en Francia).
  • Landrove: Unha parroquia en Viveiro, preto do río Landro. Polo que simplemente pode significar 'outeiro no río Landro'; desde o elemento céltico *landā- 'terra aberta'.[132]
  • Laxobre: Un lugar en Arteixo. O primeiro elemento é o mesmo que no substantivo galego laxe 'losa de pedra, pedra plana', forma medieval lagena, a céltica *(p)lāgenā que orixinou no irlandés antigo láigean 'punta de lanza ancha', e en galés llain 'folla de coitelo, espada'.[133]
  • Lentobre antigamente, actualmente Vilouchada, parroquia e lugar en Trazo, ('uilla que ab antiquis uocitabatur Lentobre et nunc uocitatur Ostulata, subtus castro Brione', 818 CE).[134] De *Lentrobrixs 'Castro na pendente', de *lentrā 'pendente, costa', cf. galés llethr idem.
  • Lestrobe: Dous lugares en Dodro, e Trazo. De *Lestrobris, onde o primeiro elemento é o proto-céltico *lestro- 'recipiente, contedor; panal'.[135] Polo que pode ser que *Lestrobris = 'Castro no val / depresión'.
  • Maiobre: Un lugar en Ares, de *Magyobris 'Gran castro'.[136]
  • Montrove, vila en Oleiros. Probablemente un híbrido latino (mons, montis) e celta que significaría, literalmente, 'outeiro-outeiro'.[134]
  • O Grove (Ogrobre, 912 CE): Concello con dúas parroquias e unha cidade, nunha península no océano Atlántico. Derivado por metátese de *Okobre < *Okro-brixs 'Castro no bordo/ángulo'[134][137] Hai outros tres lugares co nome Ogrobe, en Pontedeume, Mondoñedo, e Taboada.
  • Obre: Unha parroquia en Noia (era Olobre en 1113)[130] e outra máis en Paderne. O primeiro elemento pode ser *olo- 'detrás, máis aló'.[138]
  • Pezobre: Unha parroquia en Santiso. O primeiro elemento parece ser o mesmo que orixinou a palabra galega 'peza', do proto-céltico *kwezdi- a través do galo *pettia-.[34]
  • Rañobre: Un lugar en Arteixo. O primeiro elemento pode ter múltiples orixes, pero pode ser *(p)rasn-yo- 'compartir, parte'.
  • Sansobre: Un lugar en Vimianzo. Probablemente de *Sent-yo-bris,[139] onde o primeiro elemento pode vir do celta *sentu- 'camiño', ou *sentiyo- 'veciño',[140] ou tamén de *santo- 'separado'.[141]
  • Sillobre (Siliobre, 830 CE): Unha parroquia en Fene. O primeiro elemento é probablemente *sīl 'descendente, semente'.[76]
  • Tallobre: Un lugar en Negueira de Muñiz. De *Talyo-bris, con orixe e significado similar ó anterior.
  • Tiobre (Toyobre, 1037 CE): Unha parroquia en Betanzos. O primeiro elemento refírese probablemente ó céltico *togyā 'tellado, cuberta', *tegos 'casa'.[76]
  • Tragove, un pobo nunha península en Cambados, na baía de Arousa. Probablemente derivado de *Tragobris 'Castro na praia', do céltico *trāg- 'praia, baixamar'.[76]
  • Trobe (Talobre, 914 CE): Unha parroquia en Vedra. De *Talo-bris,[134] cf. *talu- 'fronte, protuberancia', *talamon- 'chan'.[76]
  • Vendabre, antigo lugar (Uendabre, 887 CE):[139] De *windo- 'branco' e *brixs. Cf. Vindobona, nome antigo de Viena.
  • Xiabre: Un outeiro en Catoira. De *Senābris 'Vello castro',[139] onde o primeiro elemento é o céltico *senā- 'vello (ela)'. Cf. Sanabria, Senabria en 929.

Topónimos baseados nun superlativo

[editar | editar a fonte]

Outro tipo de topónimo céltico frecuente en Galicia son os que están formados por un superlativo,[142] tanto os formados co sufixo -mmo- como coa composición -is-mmo-:

Outros topónimos prelatinos

[editar | editar a fonte]

Outros lugares e parroquias teñen nomes con orixe pre-Latinos, probablemente céltico, especialmente nas áreas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra, e todo ó longo do val do Ulla. Por exemplo:

  • Proto-céltico *abank- 'vimbio':[152] Abanqueiro, medieval Avankario, parroquia e lugar cunha lagoa, en Boiro.
  • Proto-céltico *arganto- 'prata, brillante':[153] Arganzo, un lugar en Mañón, a *Argantyo-.[154] Cf. bretón antigo argant, córnico argans 'prata'.
  • Proto-céltico *bend- 'pico saínte':[155] Bendaña, medieval Bendania, unha parroquia en Touro. Bendoiro, medieval Bendurio, unha parroquia en Lalín.
  • Proto-céltico *brīwā 'ponte':[156] Bribes, unha parroquia en Cambre (Brivis, 1154 CE), e un lugar en Vimianzo. Formalmente un locativo plural en latín que significa '(onde) o -'. Tamén, Dumbría, un concello, antigamente Donovria. Hai varios Brives en Francia.
  • De *dūno- 'forte':[156] Dumbría, cidade, parroquia e concello. Foi Donobria no 830, dende *Dūnobrīwā.
  • De *duro- 'porta':[156] Salvaterra de Miño, cuxo antigo nome era Lacedurium (991 CE).[157]
  • De *īsarno- 'ferri': Isorna, unha parroquia en Rianxo.
  • De *kambo- 'dobrado, trenzado': Camboño (Cambonio, 1157), parroquia en Lousame.
  • De *kanto- 'un cento': Cantoña, unha parroquia en Paderne de Allariz e dous lugares, en Teo e O Porriño.
  • De *karanto- 'amigo, amado':[158] Carantoña, dúas parroquias en Miño (Carantonia, 1096) e Vimianzo. Un lugar en Lousame (Carantonio, 1157). Carantos, lugar en Coristanco.
  • De *kerbo- 'incisivo, afiado':[81] Cervaña, parroquia en Silleda.
  • De *lem- 'olmo': Lemaio (a *Lēmawyo-), parroquia en Laracha.
  • A *mrg- 'territorio':[159] Cambre (Calamber in 959) concello, parroquia e cidade. Tamén, unha parroquia en Malpica de Bergantiños, e un lugar en Carballo; Oímbra (Olimbria en 953), concello, parroquia e cidade; Pambre, unha parroquia en Palas de Rei (Palambre c. 1009) e un lugar en Ramirás.
  • De *nantu- 'regato, val': Nantes,[160] parroquia en Sanxenxo; Nantón, unha parroquia en Cabana de Bergantiños e un lugar na Baña.
  • De *(p)lār- 'chan': Laraño, unha parroquia en Santiago de Compostela (Laranio, 1201), e un lugar en Vedra. Laranga (a *Laranicā 'Do chan') lugar en Porto do Son.
  • De *(p)let- 'ancho, amplo': Ledoño,[161] parroquia en Culleredo.
  • De *salō- 'océano':[162] Seaia (Salagia en 830), lugar en Malpica de Bergantiños, e o nome dunha antiga rexión costeira comprendendo os actuais concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Á forma derivada *Salawyā.
  • De *trebā 'asentamento': Trevonzos (Trevoncio en 1176 ), lugar en Boiro.
  • De *werno- 'ameneiro': Berrimes (Vernimes, 955), un lugar en Lousame.
  1. Curchin (2008) pp. 109, 130-131.
  2. Vallejo (2009) pp. 272-273.
  3. En xeral, cf. Falileyev (2007), Curchin (2008), Luján (2006). As formas proto-célticas están dadas en xeral de acordo ás formas propostas por Matasovic (2009). Como no resto do artigo, o asterisco indica unha forma hipotética.
  4. 4,0 4,1 Koch (2006) p. 790.
  5. Prósper (2002) p. 358.
  6. Prósper (2002) p. 258.
  7. cf. Matasovic (2009) s.v. *fētu-.
  8. Curchin (2008) p.117; Luján (2006) p. 726.
  9. Curchin (2008) p. 117.
  10. Curchin (2008) p. 115; Luján (2006) p. 728; Delamarre (2012) p. 41.
  11. 11,0 11,1 Luján (2006) p. 723.
  12. Delamarre (2003) p. 37; Koch (2006) s.v. albio, albiones.
  13. Delamarre (2003) p. 37.
  14. 14,0 14,1 Prósper (2008) p. 37.
  15. 15,0 15,1 Curchin (2008) p. 111.
  16. Delamarre (2012) p. 67
  17. Delamarre (2003) p. 61.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Curchin (2008) p. 118.
  19. 19,0 19,1 Prósper (2002) p. 360.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 Falileyev (2007) s.v.
  21. cf. Matasovic (2009) s.v. *brig-, *brigo-.
  22. cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-.
  23. 23,0 23,1 Curchin (2008) p. 119; Luján (2006) p. 728.
  24. Curchin (2008) p. 119.
  25. Cf. Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby Arquivado 25 de agosto de 2011 en Wayback Machine..
  26. 26,0 26,1 Curchin (2008) p. 120.
  27. cf. Matasovic (2009). s.v.
  28. Delamarre (2003) p. 117.
  29. Curchin (2008) p.120; Delamarre (2003) s.v. coilos.
  30. Koch (2006) p. 1593.
  31. cf. Matasovic (2009) p. 214.
  32. Curchin (2008) p. 121.
  33. Plinio, Historia Natural III.28.
  34. 34,0 34,1 cf. Matasovic (2009) s.v.
  35. 35,0 35,1 Luján (2006) p. 728.
  36. cf. Matasovic (2009) s.v. *fare-koro-.
  37. Delamarre, Xavier (2009). "Quatre toponymes celtiques d’Espagne". Nouvelle Revue d’Onomastique 51: 1–15. Consultado o 2 de outubro de 2012. 
  38. E. Bascuas (2002) pp. 129-130)
  39. P. Schrijver (1995). "Studies in British Celtic historical phonology". Amsterdam-Atlanta (p. 358).
  40. Curchin (2008) p. 122.
  41. cf. Curchin (2008) p. 122.
  42. Delamarre, Xavier (2009). "IRIA (*ĪRYĀ) "L’OPULENTE, LA FERTILE" (LIGURIE, GALICE, DALMATIE)". Veleia 26: 355–358. Consultado o 2 de outubro de 2012. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Curchin (2008) p. 123.
  44. cf. Prósper (2002) p. 258.
  45. Falileyev (2007) s.v. lān(i)o-.
  46. Lujan (2006) p. 725.
  47. Delgado Borrajo, Montserrat; Grande Rodríguez, Manuel (2008). Os lemavi a través das fontes literarias e epigráficas, Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, pp. 133-162.
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 Curchin (2008) p. 113.
  49. Delamarre (2012) p. 178.
  50. 50,0 50,1 cf. Ward (1996) s.v.
  51. Orosio, Historiarum adversum paganos, VI.21.
  52. Cf. Falileyev (2007) s.v. Medulli.
  53. Curchin (2008) p. 124.
  54. cf. Delamarre (2003) s.v. meion.
  55. Curchin (2008) p. 124; Luján (2006) p. 727.
  56. Delamarre (2012) p. 204.
  57. 57,0 57,1 Delamarre (2003) s.v. nauson.
  58. Curchin (2008) p. 112; Luján (2006) p.724.
  59. Curchin (2008) p.124; Luján (2006) p.727; Delamarre (2012) p. 178.
  60. Curchin (2008) p. 125.
  61. cf. Matasovic (2009) s.v. *akro-.
  62. Curchin (2008) p. 125; Lujan (2006) p. 727.
  63. cf. Matasovic (2009) s.v. *folkā-.
  64. Curchin (2008) p. 125; Luján (2006) p.727.
  65. Delamarre (2012) p. 211.
  66. Curchin (2008) p.116; Luján (2006) p. 724.
  67. Prósper (2008) pp. 38-40.
  68. Luján (2006) p. 729.
  69. Ward (1996) s.v.; Delamarre (2003) p. 288.
  70. Delamarre (2012) p. 246.
  71. Curchin (2008) p. 129; Prósper (2002) p. 259.
  72. Koch (2006) s.v. Britonia.
  73. Young, Simon (2002). Britonia: camiños novos. Noia: Toxosoutos. pp. 123–128. ISBN 978-84-95622-58-7. 
  74. “Inter Bretonos et Sancto Petro de Mera“, 1078, en Flórez, España Sagrada 40: 420.
  75. cf. Falileyev s.v. araus(i)o-.
  76. 76,00 76,01 76,02 76,03 76,04 76,05 76,06 76,07 76,08 76,09 76,10 Matasovic (2009) s.v.
  77. Koch (2003) s.v. Brigantes.
  78. 'discurrente ad aulam Sancte Marie, inter IIos montes Leboreiro et Carnota, secus flumen Doronia', c. 1110.
  79. 79,0 79,1 79,2 Moralejo (2010), 106.
  80. 80,0 80,1 Mariño Paz, p. 32.
  81. 81,0 81,1 Moralejo (2010), 107.
  82. Bascuas (2006) p. 813.
  83. Koch (2006) s.v. Bretha Nemed.
  84. Mariño Paz, p. 32
  85. 85,0 85,1 Bascuas (2008) p. 531.
  86. 86,0 86,1 86,2 Delamarre (2003) s.v.
  87. Monteagudo (1999) p. 266
  88. Mariño Paz (1999) p. 34.
  89. Matasovic (2009) s.v. *dēwo-.
  90. Koch (2006) p. 318.
  91. Monteagudo (1999) p. 278.
  92. Cf. Delamarre (2003) s.v. lano-.
  93. Moralejo (2007) pp. 144-148.
  94. Moralejo (2007) pp. 148-150; Monteagudo (1999) p. 288.
  95. Mariño Paz (1998) p. 32; Prósper (2002) p. 312.
  96. Monteagudo (1999) p. 291.
  97. González, José Manuel (1964). "Otros ríos asturianos de nombre prerromano (Eo, Navia, Ibias, Varayo, Esva)" (PDF). Archivum: Revista de la Facultad de Filología 14: 134–148. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  98. Monteagudo (1999) p. 299.
  99. Falileyev (2007) s.v. Tamaris.
  100. 100,0 100,1 Monteagudo (1999) p. 305.
  101. cf. Matasovic (2009) s.v. *brig-
  102. Os topónimos rematados en -ve, -be xeralmente proceden de topónimos rematados en -bre / -vre, a través de metátese ou disimilación. Cf. Moralejo (2007) p. 39.
  103. En xeral, e para a maioría destes topónimos: Prósper (2002) pp. 357-382.
  104. 104,0 104,1 104,2 104,3 Moralejo 2010, 104-105.
  105. Moralejo (2007) p. 352.
  106. Cf. Falileyev (2007) s.v. Arcobriga.
  107. Prósper (2002) p. 380.
  108. Cf. Falileyev s.v. anat-
  109. Prósper (2002) p. 376.
  110. Cf. Falileyev s.v. ba/odio-.
  111. Cf. Delamarre (2003) s.v. britu-
  112. Cf. Matasovic (2009) s.v. *briti-
  113. 113,0 113,1 Prósper (2002) p. 374.
  114. Cf. Falileyev s.v. Vologatae, e Matasovic (2009) s.v. *walo-.
  115. Cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-.
  116. Prósper (2002) p. 377.
  117. Cf. Matasovic (2009) s.v. *karant-.
  118. cf. IEW s.v. *(s)ker-3.
  119. Prósper (2002) p. 364.
  120. Cf. Matasovic (2009) s.v. *kayto-
  121. Cf. Matasovic (2009) s.v. kēlyo-.
  122. Matasovic (2009) s.v. *kiwo-.
  123. Matasovic (2009) s.v. kʷol-u-.
  124. Falileyev s.v. corto-.
  125. Matasovic (2009) s.v. *widu-.
  126. CIL II, 5607a.
  127. Prósper (2002) p. 377; Delamarre (2003) s.v. *illio-.
  128. Prósper (2002) p. 377
  129. Matasovic (2009) s.v. *feno-.
  130. 130,0 130,1 Prósper (2002) p. 378.
  131. Falileyev s.v. *iso-
  132. Matasovic (2009) s.v. *landā-.
  133. Ward s.v. *lāgenā.
  134. 134,0 134,1 134,2 134,3 Prósper (2002) p. 375.
  135. Matasovic (2009) s.v. *lestro-
  136. Prósper (2002) p. 378; cf. Matasovic (2009) s.v. *magyo-.
  137. cf. Matasovic (2009) s.v. akro-.
  138. Cf. Matasovic (2009) s.v.
  139. 139,0 139,1 139,2 Prósper (2002) p. 379.
  140. cf. Matasovic (2009) s.v. *sentu-.
  141. Falileyev s.v.
  142. Prósper (2005) pp. 267-284.
  143. Prósper (2005) p. 266.
  144. Prósper (2005) p. 269; Moralejo (2007) p. 44.
  145. Prósper (2005) p. 278.
  146. Cf. Matasovic (2009) s.v.*ufo.
  147. Matasovic (2009) s.v. māro-.
  148. Moralejo 2010, 106-107.
  149. 149,0 149,1 Prósper (2005) p. 282.
  150. Cf. Matasovic (2009) s.v.*sego-.
  151. Cf. Matasovic (2009) s.v. *owxsV- "alto".
  152. Moralejo 2010, 100.
  153. Matasovic (2009), s.v., Delamarre (2003) s.v. arganton
  154. Moralejo (2007) p. 350.
  155. Moralejo 2010, 103-104.
  156. 156,0 156,1 156,2 Matasovic (2009) s.v., Delamarre (2003) s.v.
  157. Monteagudo (1999) p. 256.
  158. Ademais doutras posibilidades. Cf. Moralejo 2010, 106.
  159. Cf. Matasovic (2009) s.v. *mrogi, Moralejo (2007) pp. 179-184.
  160. Prósper (2002) p. 312.
  161. Prósper (2005) p. 269.
  162. cf. Matasovic (2009) s.v. *Salano-

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]